As Xuventudes Socialistas de Pontevedra somos a agrupación local das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) na cidade de Pontevedra.As XSG somos  a organización da mocidade socialista de Galicia, integrada polas agrupacións territoriais, así como polas agrupacións galegas do exterior.

 

Xuventudes Socialistas de Galicia é unha organización independente que se relaciona a nivel federal coas Juventudes Socialistas de España (JSE). XSG é a organización xuvenil do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE). Participa no seu funcionamento e apórtalle as súas ideas, pero XSG goza de autonomía plena no funcionamento dos seus órganos e na adopción do seu ideario político.

 

As Xuventudes Socialistas de Galicia son unha organización que se define como socialista e galeguista. Así, os valores fundamentais nos que asenta a súa ideoloxía son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.